E PAPA WAIARI / PEPA N,ZA GNON MA

E PAPA WAIARI


Máis xogos rítmicos esta vez con paus. Claro que podedes empregar a vosa imaxinación para buscar outros recurso que teñades a man para este xogo . O importante é prestar atención ao ritmo e á coodinación.
A canción que escoitades é unha canción maorí, un pobo polinesio de Nova Zelanda. Propoño que investiguedes un pouco sobre Nova Zelanda e sobre os maoríes.
Sabedes que os HAKAS, antigas danzas guerreiras, seguen hoxe en día representándose antes de cada partido de rugby da selección neozelandesa??!!!!


Pepa N,zac Gnon Ma


Outro xogo instrumental para xogar co ritmo e como vedes, calquera utensilio é valido para acompañar á música. Neste caso a música é moi rítmica e invita tamén a bailar.
Atrevédesvos a inventar unha pequena coreografía para acompañar esta canción?



Comentarios