Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

DÍA DE ÁFRICA

Imaxe
Nesta semana queremos facer unha pequena homenaxe ao continente africano. O día 25 de maio celébrase o día de África. Unha celebración que pon en relevancia a multiculturalidade e a heteroxeneidade deste continente e  establece os grandes retos para  mellorar as condicións de vida no continente. SÍ SI KUMBALÉ Unha canción para  sementar. Primeiro os homes  preparan  a tierra, despois as mulleres colleitan  a semente. E así , entre todos piden prosperidade e agradecen á  que lles proporciona o alimento. THE LION SLEEPS TONIGHT Neste outro enlace podedes acceder a un tema moi coñecido, que ten os seus orixes nos cantos tribais do pobo Zulú.  Animádeos a seguilo coa flauta. O rexistro: RE- SOL-LA-SI-DO-RE agudo.

LETRAS GALEGAS

Imaxe
Ben, sabedes que ao longo desta semana celebramos as Letras Galegas. Dende aquí quero que fagamos unha pequena homenaxe a este día, 17 de maio, con algunhas actividades da nosa terra. A primeira que vos deixo é esta canción de Mamá Cabra, No baile,na que podemos cantar, bailar..e acompañar facendo ritmo con paus. Espero que a disfrutedes. Por si queredes seguir co baile, aquí temos outro enlace para acompañar esta peza de Xabier Díaz; esta música fai que movamos os pés case sen querer.... E si tedes a man a frauta, podedes intentar acompañar esta canción supercoñecida, Camariñas, e si non a tedes, pois a cantala!!!!!

BEETHOVEN

Imaxe
O  250 ANIVERSARIO DE LUDWIG VAN BEETHOVEN Este ano celebramos  o 250 aniversario do nacemento dun músico xenial, Ludwig van Beethoven (1770 Bonn-1827,Viena). De neno xa apuntaba maneiras e os seu pai, que tamén era músico, quixo facer de el un neno prodixio como Mozart. Así que o obligaba a practicar e practicar e practicar.....bueno, gracias a eso chegou a ser un brillante pianista. Ao final resultou que o pequeno Ludwig convertiuse nun dos máis prestixiosos músicos da historia. Beethoven é coñecido especialmente  polas Nove Sinfonías que compuxo. Neste vídeo tedes unha versión moi deportiva dunha  das máis coñecidas, a  Quinta Sinfonía. Seguro que a tedes escoitado antes!!!! Neste enlace veredes que Disney aproveitou música de Beethoven para animar unha historia. Trátase da Sexta Sinfonía, tamén chamada A Pastoral. E neste outro vídeo podedes ver unha interpretación da Oda a la Alegría, da Novena Sinfonía, en versión "cuarentena" polos músicos da Orq

Ritmograma "A guerra das Galaxias"

Imaxe
O 4 de maio está adicado a A guerra das Galaxias. Todos os fans de esta serie de películas están de sorte!  Ímolo celebrar  acompañando este coñecido tema neste ritmograma.  Que a sorte vos acompañe✌