BEETHOVEN

O  250 ANIVERSARIO DE LUDWIG VAN BEETHOVEN

Este ano celebramos  o 250 aniversario do nacemento dun músico xenial, Ludwig van Beethoven (1770 Bonn-1827,Viena).
De neno xa apuntaba maneiras e os seu pai, que tamén era músico, quixo facer de el un neno prodixio como Mozart. Así que o obligaba a practicar e practicar e practicar.....bueno, gracias a eso chegou a ser un brillante pianista.
Ao final resultou que o pequeno Ludwig convertiuse nun dos máis prestixiosos músicos da historia.


Beethoven é coñecido especialmente  polas Nove Sinfonías que compuxo.

Neste vídeo tedes unha versión moi deportiva dunha  das máis coñecidas, a  Quinta Sinfonía. Seguro que a tedes escoitado antes!!!!

Neste enlace veredes que Disney aproveitou música de Beethoven para animar unha historia. Trátase da Sexta Sinfonía, tamén chamada A Pastoral.


E neste outro vídeo podedes ver unha interpretación da Oda a la Alegría, da Novena Sinfonía, en versión "cuarentena" polos músicos da Orquestra de Rotterdam.


Beethoveen non só compuxo Sinfonías. Tamén son ben coñecidas pezas como esta fermosa Sonata para piano, Claro de Luna, que neste video vemos acompañando unha exposición de cadros do famoso pintor Van Gohg.




E para rematar deixo aquí un enlace para os alumnos e alumnas de sexto  que queran probar a interpretar un fragmento da Oda de la Alegría coa frauta. O rexistro desta partitura vai do RE grave ao RE agudo . Animádevos!!!!!  


Tamén vos animo a que sigades investigando sobre este xenial compositor.



Comentarios